InicioSociedadeO Concello de Vigo activa un Centro de Atención Social Continuada e...

O Concello de Vigo activa un Centro de Atención Social Continuada e un teléfono 24 horas

O servizo está dispoñible no Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) da rúa Marqués de Valterra.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo puxo en marcha a pasado fin de semana un Centro de Atención Social Continuada e un teléfono dispoñible as 24 horas para emerxencias sociais, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor explicou que este servizo está dispoñible no Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) da rúa Marqués de Valterra, e o obxectivo é que estea “localizable e operativo as 24 horas do día para calquera necesidade ou emerxencia social” e poder ofrecer unha “atención inmediata”.

Segundo apuntou Abel Caballero, que reiterou que “non hai límite orzamentario” para a atención social municipal en Vigo, as traballadoras sociais do centro de Marqués de Valterra estarán no lugar ata as 22,00 horas, e porase a disposición da xente que o necesite o teléfono 986.294.280.

Así mesmo, en horario nocturno, serán as forzas policiais as que dispoñan dun teléfono municipal, activo toda a xornada, para derivar posibles casos de emerxencia social.

“En consecuencia, temos funcionando 24 horas ao día un Centro de Atención Social Continuada, ademais do traballo que xa se realiza en Política Social”, subliñou Caballero.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...