InicioSociedadeO xuíz arquiva a causa por suposta extorsión a un empresario pesqueiro...

O xuíz arquiva a causa por suposta extorsión a un empresario pesqueiro de Vigo

O denuncianante asegurou que lle esixiran 400.000€.

PUBLICADO O

O titular do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo acordou o sobresemento provisional e arquivo do procedemento por extorsión contra seis persoas a un empresario do sector da pesca na cidade, ao que supostamente ameazaban e esixían o pago de 400.000 euros.

Segundo o auto xudicial con data de 26 de outubro, recollido por Europa Press, acordouse o arquivo da causa porque os comportamentos dos investigados “non contan coa intensidade suficiente” para que se lles impute un delito extorsión nin hai “indicios sólidos de criminalidade”.

O caso parte dunha investigación iniciada pola Garda Civil en novembro de 2019, cando o presunto prexudicado denunciou que estaba a ser obxecto de chantaxe e ameazas por negarse a pagarlle ao seu socio unha débeda que, segundo aseguraba, era inexistente.

Ademais, sinalou que os problemas comezaron cando os xulgados arquivaron varias demandas presentadas polo seu socio e por un avogado de Madrid, nas que lle reclamaban o pago desa débeda. A partir dese momento, denunciou, comezou a recibir mensaxes e avisos ameazantes a través de terceiras persoas, que lle advertían de “os serios riscos que correría a súa reputación profesional no sector empresarial se non cumpría co pago desa débeda”.

A Garda Civil puido identificar a eses ‘mediadores’, que resultaron ser dúas persoas afincadas en Madrid, unha delas relacionada co ámbito sindical e outra co mundo da comunicación. Así mesmo, os investigadores localizaron a outras dúas persoas, dous veciños de Vigo, aos que atribúen o mesmo delito.

Segundo recolle o auto de arquivo da causa, investigábase unha “armazón criminal” formado polos seus socios en diferentes empresas, que supostamente lle esixían a entrega das cantidades de diñeiro “coa finalidade de evitar a publicación de determinadas informacións falsas” para danar “o seu prestixio profesional e persoal”.

En concreto, estas publicacións relacionaríano con “ficticios negocios fraudulentos” en Guinea e afirmaríase a implicación de coñecidos personaxes da vida política de Vigo como o seu alcalde, Abel Caballero.

Con todo, finalmente o xuíz do número 8 de Vigo acordou o sobresemento provisional da causa ao non ver “indicios sólidos” de criminalidade e porque os feitos denunciados “non contan coa intensidade suficiente”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...