InicioEconomíaCXT cre que o novo servizo de Renfe a Madrid "tiña que...

CXT cre que o novo servizo de Renfe a Madrid “tiña que empezar en Vigo e non entrar en Santiago”

Con todo, apoia este novo servizo e apunta que solicitou ao ministerio que autorice a venda de billetes "permitindo que os cidadáns galegos poidan utilizar este novo tren de longa distancia como media distancia".

PUBLICADO O

CXT entende que o novo servizo de Renfe que acurta o tempo de viaxe entre Pontevedra e Madrid en case unha hora e media “tiña que comezar en Vigo e non entrar en Compostela”.

Para iso, como xa expuxo, cre que debía utilizarse a variante de Conxo, “que permite ir desde Vilagarcía a Ourense sen paradas, minguando aínda máis o tempo de viaxe ao non facer parada e cambio de cabina en Compostela“.

Segundo concreta, esta proposta xa a incluíu na súa alternativa de ferrocarril para Galicia do ano 2017 e acaba de actualizala a primeiros de ano.

Con todo, apoia este novo servizo e apunta que solicitou ao ministerio que autorice a venda de billetes “permitindo que os cidadáns galegos poidan utilizar este novo tren de longa distancia como media distancia”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...