InicioEconomíaA Xunta denuncia a "discriminación" do Corredor Atlántico na asignación dos fondos...

A Xunta denuncia a “discriminación” do Corredor Atlántico na asignación dos fondos europeos de recuperación

Critica, en comparación, que se vaian destinar "fondos importantísimos de reconstrución ao Corredor Mediterráneo".

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia criticou este luns a “discriminación” do Corredor Atlántico na asignación dos fondos europeos de recuperación por parte do Goberno central, e en comparación coa “atención” ao Corredor Mediterráneo. Así o manifestou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras unha reunión celebrada este luns entre a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Respecto diso, a conselleira sinalou que a Xunta “descoñece” o motivo polo que o Goberno de España “impulsa con moitísima intensidade o Corredor Mediterráneo e parece ignorar o Corredor Atlántico, en concreto o Porto de Vigo e a cidade de Vigo“.

“Descoñecemos os motivos polos que se destinarán fondos importantísimos de reconstrución ao Corredor Mediterráneo, e non vemos intención de nin un só euro ao Atlántico, e tamén descoñecemos os motivos polos que hai un acordo pechado de financiamento do Porto de Barcelona e nada sabemos sobre o porto de Vigo, a saída sur ou a conexión do Porto”, proclamou Ethel Vázquez.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade pediu á presidenta de Adif que, na súa visita a Vigo e “como galega que é”, mostre unha “oposición frontal” a esa “discriminación” do Goberno de España cara a Galicia, Castela e León e Asturias, “e concrete financiamento do fondo de reconstrución para o Corredor Atlántico”. “Non pedimos máis que o Corredor Mediterráneo, pero si o mesmo”, advertiu.

Por outra banda, lembrou que a Xunta remitiu ao Executivo central un estudo sobre o custo-beneficio do saída sur ferroviaria de Vigo, que permitiría incrementar nun 6% por cento a actividade do Porto e aumentar a súa competitividade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...