InicioSociedadeA área de Vigo con 101 casos, novo foco da COVID...

A área de Vigo con 101 casos, novo foco da COVID en Galicia

As PCR positivas ascenderon de forma destacada na área de Vigo, que se coloca como novo foco ao sumar 101 infeccións nun día.

PUBLICADO O

Os contagios de COVID-19 detectados en Galicia volveron a dispararse por encima dos 400 nas últimas 24 horas, concretamente ata os 437, o que supón o segundo pico máis alto da segunda onda da pandemia e colocarse en valores similares de finais de marzo.

Segundo a última actualización da web da Consellería de Sanidade na mañá deste domingo, con datos ata as 18,00 horas do sábado, as PCR positivas ascenderon en todas as áreas, excepto na de Ourense, e fixérono de forma destacada na de Vigo, que se coloca como novo foco ao sumar 101 infeccións nun día.

Tamén subiron os novos casos de coronavirus detectados na área sanitaria de Santiago e Barbanza, ata as 77 (+15); na Coruña, a 66 (+9); en Pontevedra e O Salnés, a 54 (+15); en Lugo, onde case se duplican, ata os 41 novos positivos (+19); e en Ferrol, con 20 (+1).

A única excepción é a área de Ourense, Verín e O Barco, que ata agora era o principal foco da pandemia en Galicia con cinco municipios en illamento –ademais da capital provincial, Barbadás, Boborás, O Irixo e O Carballiño–. Nos datos deste domingo, a área ourensá figura cun total de 78 positivos en 24 horas, case unha vintena menos que un día atrás.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...