InicioSociedadeConclúen sen casos positivos as máis de 2.300 probas de COVID-19 ao...

Conclúen sen casos positivos as máis de 2.300 probas de COVID-19 ao persoal da UVigo

O servizo de Microbioloxía do Álvaro Cunqueiro lembrou que a non detección "non exclúe completamente a infección polo coronavirus".

PUBLICADO O

O procesado de máis de 2.300 probas de COVID realizadas a persoal da Universidade de Vigo concluíu sen casos positivos, segundo comunicou á institución académica o servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O tratamento das mostras de saliva fíxose segundo o sistema de procesado agrupado (‘pooling’) e, aínda que se rexistraron mínimas incidencias (por falta de líquido e outros erros na recollida de saliva), o resultado definitivo, que será comunicado aos membros da comunidade universitaria a partir da próxima semana, confirmou que non hai casos entre o persoal.

No entanto, o servizo de Microbioloxía do Álvaro Cunqueiro lembrou que a non detección “non exclúe completamente a infección polo coronavirus”, polo que deben manterse de forma estrita as medidas preventivas decretadas polas autoridades sanitarias. A proba realizada non é diagnóstica, polo que se algunha das persoas que a fixo nota síntomas, debe acudir ao seu centro sanitario de referencia.

En total, 2.303 traballadores e traballadores participaron neste cribado (un 80 por cento das persoas convocadas): 1.538 no campus de Vigo, 441 no de Ourense, e 324 no de Pontevedra.

Por outra banda, en próximos días iniciarase a realización de 200 PCR aleatorias por semana, centradas principalmente no alumnado. Aínda que sexan aleatorios, este test poderían concentrarse nalgún centro se as circunstancias así o recomendan por detectarse algún caso.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...