InicioPolíticaAbel Caballero esixe á Xunta "datos numéricos" sobre a evolución da pandemia...

Abel Caballero esixe á Xunta “datos numéricos” sobre a evolución da pandemia en Vigo

O alcalde considera que o Goberno galego está "ocultando" datos.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tachou este venres de “esperpento intolerable” a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre a evolución da pandemia de COVID-19 na cidade, e esixiu que se lle trasladen “datos numéricos” e “non colorines” sobre a situación dos contaxios en Vigo.

O rexedor reiterou que a súa información sobre a evolución do coronavirus é a que se publica nos medios relativa á área sanitaria, nin sequera da cidade, e advertiu de que, como alcalde, necesita ter datos concretos para poder tomar “as mellores decisións”, en beneficio da saúde dos cidadáns.

“Esixo datos numéricos, non quero colorines. Nesta cidade non somos analfabetos numéricos, sabemos ler os números e sabemos interpretalos”, manifestou, e denunciou o “intento continuo de Feijóo” de “ocultar” a información á cidade. “Cal é a razón para non dar esa información? Outras cidades de España do tamaño de Vigo, e máis pequenas, téñena. En Galicia non”, engadiu.

Abel Caballero apuntou que “o óptimo” sería coñecer os casos por centros sanitarios, e lembrou que o Concello está a tomar decisións (control de Policía Local, desinfeccións, etc.) guiándose polo “sentido común”, a falta de datos concretos, polo que insistiu en reclamar esa información.

“Aválame a forza moral de non discutir as medidas sanitarias, aínda que algunhas non as compartise. A miña man está tendida con boa vontade, pero necesito información”, proclamou o alcalde.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...