InicioSucesosDetidos un matrimonio de septuaxenarios, os seus fillos e noras nun operativo...

Detidos un matrimonio de septuaxenarios, os seus fillos e noras nun operativo antidroga no barrio de Teis

O dispositivo de vixilancia permitiu comprobar que había unha presenza constante de toxicómanos pola zona que se achegaban a ese lugar para adquirir drogas.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron nas últimas horas a seis veciños da cidade, un matrimonio de 75 e 79 anos, os seus fillos, de 53 e 48 anos e as súas noras, de 53 e 40 anos de idade, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, as investigacións da chamada ‘Operación Callejón’ iniciáronse tras as chamadas, queixas de veciños e información achegada por comerciantes e outros colectivos, acerca dun importante foco de venda de estupefacientes na zona da Avenida de Galicia, no barrio de Teis.

Os datos manexados pola Policía apuntaban a un clan familiar que se dedicaría á distribución de cocaína e heroína desde varios domicilios, na contorna do número 100 desa avenida, preto do Centro de Saúde de Teis.

O dispositivo de vixilancia permitiu comprobar que había unha presenza constante de toxicómanos pola zona, que se achegaban a ese lugar coa clara intención de adquirir drogas. Mediante seguimentos, púidose constatar que as vendas se facían en dous domicilios nesa contorna.

SOSPEITOSOS CON ANTECEDENTES

Ao identificar os moradores deses pisos, a Policía constatou que se trataba de persoas cun amplo historial delituoso, que sumaban 40 detencións por feitos similares aos investigados, e que son coñecedores dos métodos e estratexias policiais, o que dificultaba a investigación.

Este clan tiña estrutura piramidal, con responsabilidades diferenciadas dentro do grupo (dirección, distribución da droga e captación de novos clientes). Ademais, ningún dos investigados ten actividade laboral coñecida, e o seu modo de vida é “dificilmente compatible con calquera tipo de actividade remunerada”.

DETENCIÓNS E REXISTROS

O desenlace da investigación produciuse este xoves, coa detención dos 6 sospeitosos, e coa entrada e rexistro nos dous domicilios, autorizados polo xulgado de instrución número 4 de Vigo.

Nos rexistros, a Policía incautouse de 100 doses de cocaína, 30 doses de heroína, 2.900 euros en efectivo, 5 armas brancas, unha defensa extensible, varias básculas, 17 décimos de lotaría, 36 moedas de prata, diversas xoias e reloxos.

Neste operativo antidroga interviñeron o grupo UDEV de Drogas da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo, e un grupo da Unidade de Intervención Policial (UIP) con base na cidade.

Os detidos e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado, que decretou a súa posta en liberdade, en calidade de investigados (a Fiscalía non pediu o ingreso en prisión).

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...