Marea de Vigo pide o derrube dunha antena ilegal de telefonía en Beade

Marea defende que se cumpra esa derriba, xa que a antena e a caseta situada nesa zona de Beade son "ilegais" e "incompatibles" coa ordenación urbanística.

Marea de Vigo reclama destinar fondos non executados a unha "verdadeira rede de bibliotecas municipais". PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

O grupo municipal Marea de Vigo pediu derrubar unha antena de telefonía instalada na parroquia de Beade, que carece de licenza municipal e que o propio Concello ordenou retirar xa en 2002.

Este grupo cuestionou que para executar a derriba sexa necesario un informe previo da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións, como argumenta o Concello, e lembrou que, despois de que a administración local instase a derriba voluntaria desa instalación, produciuse un recurso e os tribunais avalaron a posición municipal.

Por iso, Marea defende que se cumpra esa derriba, xa que a antena e a caseta situada nesa zona de Beade son “ilegais” e “incompatibles” coa ordenación urbanística.