InicioSociedadeO acusado de matar ao seu pai en Sárdoma acepta cinco anos...

O acusado de matar ao seu pai en Sárdoma acepta cinco anos e dez meses de prisión

O condenado matou a golpes ó seu proxenitor en 2018.

PUBLICADO O

O home acusado de matar ao seu pai na parroquia viguesa de Sárdoma a finais de 2018, M.A.Q., aceptou unha condena de cinco anos e dez meses de prisión nunha vista de conformidade celebrada este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Inicialmente estaba previsto que o procesado fose xulgado por un tribunal de xurado, pero non foi necesario o desenvolvemento da vista, xa que as partes chegaron a un acordo. Así, rebaixouse a petición de pena da Fiscalía (que pedía 11 anos e medio de cárcere) polo delito de homicidio, ao considerarse moi cualificadas as atenuantes de confesión e alteración psíquica.

M.A.Q. matou a golpes ao seu proxenitor a finais de decembro de 2018 e logo depositou o seu corpo nunha leira forestal, cuberto con ramas e canas. O cadáver foi atopado a principios de xaneiro por uns veciños e, pouco despois, durante un rexistro domiciliario, o acusado recoñeceu ser autor do crime.

 

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...