InicioSociedadeBNG e Galicia en Común demandarán no Congreso melloras en pasos elevados...

BNG e Galicia en Común demandarán no Congreso melloras en pasos elevados sobre a AP-9

As actuacións demandadas polas dúas forzas políticas van encamiñadas á seguridade de peóns e vehículos que usan estes pasos elevados.

PUBLICADO O

O BNG e Galicia en Común demandarán mediante iniciativas presentadas no Congreso que se acometan melloras en pasos elevados do barrio vigués de Teis situados sobre a AP-9.

O concelleiro da formación frontista na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, detallou que o BNG promoverá unha iniciativa para esixir que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a concesionaria da autoestrada, Audasa, adopten medidas que garantan que a seguridade destes pasos elevados para vehículos e peóns.

Neste sentido, Igrexas reivindicou a importancia das infraestruturas “para evitar que estas zonas do barrio de Teis queden incomunicadas” e criticou a resposta evasiva do Ministerio ante unha pregunta da asociación veciñal.

Deste xeito, sinalou que se busca un compromiso de execución de melloras nos pasos elevados de Trapa e A Xorxa, nos que sinalou que non se actuou nos últimos 40 anos. Ademais, lamentou a falta de resposta e xestión do goberno local respecto desta situación.

Por outra banda, o grupo parlamentario de Galicia en Común rexistrou no Congreso unha iniciativa para solicitar ao Ministerio deTransportes, Mobilidade e Axenda Urbana que aborde a rehabilitación dos pasos elevados situados sobre a autoestrada á altura de Teis.

Mediante unha iniciativa asinada polo portavoz da formación, Antón Gómez-Reino, pediuse a adaptación destes pasos elevados á mobilidade do viario que transcorre polos mesmos.

Así mesmo, o escrito lembrou que o deseño do último tramo da AP-9 á entrada de Vigo provoca que a infraestrutura represente “un elemento que divide o barrio de Teis” e demandou a súa conversión en tramo urbano.

Así as cousas, Galicia en Común solicitou ao Ministerio que reconsidere a súa negativa á reparación dos pasos elevados e afirmou que se trata dunha actuación “prioritaria”, en especial para os que presentan un maior tráfico rodado, como os de Trapa e A Xorxa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...