InicioSociedadeAs obras da praza para a estación intermodal comezarán en xaneiro e...

As obras da praza para a estación intermodal comezarán en xaneiro e prolongaranse seis meses

Ostraballos adxudicaranse a principios do próximo mes de decembro e contan cun orzamento de 2 millóns de euros.

PUBLICADO O

As obras da futura praza que se situará ante a estación intermodal de Vigo darán comezo o próximo mes de xaneiro e prolongaranse durante seis meses.

Así o avanzou este xoves mediante declaracións remitidas aos medios o alcalde, Abel Caballero, quen indicou que este venres se dará luz verde ao proxecto na xunta de goberno local.

Así mesmo, detallou que os traballos se adxudicarán a principios do próximo mes de decembro e que contan cun orzamento de 2 millóns de euros.

Ademais, o rexedor olívico precisou que a actuación se desenvolverá en dúas fases. En primeiro lugar, acometeranse os traballos na rúa Baixada á Estación e, durante a segunda parte, dotarase á zona de mobiliario urbano.

Posteriormente, instalarase un ascensor que permitirá conectar a Vía Norte coa Praza da Estación, que suporá o principal acceso á intermodal para as persoas que se despracen a pé á mesma.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...