InicioSucesosDetido un mozo tras agredir a un axente e negarse a poñer...

Detido un mozo tras agredir a un axente e negarse a poñer a máscara en Vigo

"O virus non existe", xustificouse o rapaz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 18 anos de idade, N.P.J., por agredir a un axente que o propuxo para sanción ao negarse a levar posta a máscara, alegando que “o virus non existe”. Segundo informaron fontes da Policía Local, os feitos ocorreron na noite deste martes, cando unha dotación observou a tres novos camiñando pola rúa Sagunto, un dos cales non levaba posta máscara.

Ao interceptalos e identificar ao novo, os policías preguntáronlle se dispuña dalgún documento médico que lle eximise do uso da máscara, e o mozo replicou “en torno burlesco” que non a levaba porque “o virus non existe”. Os funcionarios ofrecéronlle unha máscara e instáronlle a porlla, negándose o aludido en todo momento. Ao advertirlle de que sería proposto para sanción, o mozo respondeu que “non sería a primeira vez”.

Cando os axentes estaban a cumprimentar a denuncia, o mozo abalanzouse contra un deles de forma sorpresiva, tentando collerlle polo pescozo con ambas as mans, polo que tivo que ser reducido. Finalmente, foi detido por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas...

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...