InicioSociedadeA UVigo e o CSIC estudarán a mobilidade das primeiras sociedades agrícolas...

A UVigo e o CSIC estudarán a mobilidade das primeiras sociedades agrícolas e gandeiras da conca dos Cárpatos

A zona foi un dos primeiro focos de expansión do Neolítico no centro de Europa.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo (UVigo) e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) dirixirán un estudo sobre a mobilidade das primeiras sociedades agrícolas e gandeiras da conca dos Cárpatos.

Segundo detallou a universidade, aplicaranse técnicas de isótopos de estroncio e radiocarbono en mostras óseas de varios asentamentos para realizar a investigación dos poboadores da zona, que representou un dos primeiro focos de expansión do Neolítico no centro de Europa.

O proxecto, que foi posto en marcha este mes e desenvolverase durante un ano e medio, estará dirixido pola investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedad e Territorio da UVigo Berta Morell e a profesional da Institución Milà i Fontanals do CSIC Alba Masclans.

Berta Morell levará a cabo a investigación en colaboración coa Universidade de Tubinga, situada en Alemaña, onde realiza unha estancia. O proxecto, denominado ‘Xénero en movemento: cronoloxía e prácticas exogámicas ao comezo da agricultura. O caso da Conca dos Cárpatos do Norte’, será financiado pola fundación alemá Gerda Henkel Stiftung.

Así mesmo, a iniciativa contará coa colaboración da investigadores Marta Díaz-Zorita (Universidade de Tubinga), Penny Bickle (Universidade de York de Reino Unido), Zdenek Tvrd (Museo de Moravia da República Checa) e Juan F. Gibaja (Institución Milà i Fontanals do CSIC).

En concreto, Berta Morell detallou que o obxectivo do proxecto pasa por analizar os patróns de mobilidade das primeiras sociedades agrícolas do norte da conca dos Cárpatos, datadas entre o 5500 e o 4900 antes de Cristo.

Así, explicou que unha das hipóteses que se comprobará será a existencia de patróns de mobilidade distintos entre homes e mulleres e se estes grupos pódense relacionar “con prácticas exogámicas de tipo patrilocal”.

Ademais, Morell sinalou que a importancia de analizar a mobilidade débese a que formou parte dos factores que contribuíron á difusión e adopción das técnicas agrícolas e gandeiras, que levaron á súa vez “cambios a nivel social e económico”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...