InicioPolíticaCaballero a Feijóo sobre a área metropolitana: "Tende a man logo de...

Caballero a Feijóo sobre a área metropolitana: “Tende a man logo de pór unha bomba atómica”

O alcalde non descarta recorrer a sentenza que anula a posta en marcha do ente e vaticina "outro pau" do TSXG

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este venres que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “tenda a man” para dialogar sobre a área Metropolitana despois de pór “unha bomba atómica” e arrasar” o proxecto, por incluír na lei “unha cláusula de imposible cumprimento”, en alusión á condición de que o concello entrase no plan de transporte metropolitano para que se puidese pór en funcionamento o ente supramunicipal.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico insistiu en que a sentenza do Contencioso Administrativo 1 de Vigo (que anula a posta en marcha da área, pero valida a constitución da Asemblea e a elección de Caballero como presidente) foi unha “tremenda rifa” ao PP e a Feijóo, que “rebentou” esa iniciativa.

Abel Caballero, que lembrou que o xuíz sinala na súa sentenza que o plan de transporte metropolitano “non existe como disposición nin como acto administrativo”. “Pois aceptarei esa man cando elimine esa cláusula de imposible cumprimento da lei da área Metropolitana”, proclamou o alcalde que, con todo, aplaudiu no seu día a aprobación da norma por unanimidade no Parlamento galego, e que non obxectou sobre a condición de integrarse no plan de transporte metropolitano ata que a Xunta interpuxo o recurso.

A ese respecto, Abel Caballero xustificou o seu aplauso e entusiasmo tras a aprobación da norma, naqueles meses de verán de 2016, porque “naquel momento, Feijóo non puxera o recurso”. “O que puxo o recurso foi Feijóo, non Abel Caballero. A puñalada foi cando Feijóo leva a área aos tribunais“, afirmou.

RECURSO

Cuestionado acerca de se o Concello de Vigo recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a sentenza do xulgado Contencioso Administrativo da cidade, Abel Caballero recalcou que fará “o que sexa mellor para a cidade”.

“Aínda non o teño claro, estou a estudalo cos servizos xurídicos, teño tempo e quero facer o mellor para Vigo, pero non descarto nada”, sinalou o alcalde, quen insistiu en que a primeira sentenza xa foi unha “tremenda rifa do xuíz” a Feijóo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...