InicioCulturaOs "cobi-19" chegan a Vigo para lembrar que o virus "segue aí...

Os “cobi-19” chegan a Vigo para lembrar que o virus “segue aí fóra”

As pegatinas do artista vigués Davida pretenden concienciar sobre os perigos da enfermidade.

PUBLICADO O

Ollo coa cobi. Nestas semanas, os veciños de Vigo, Pontevedra ou Betanzos poden atopar un curioso compañeiro nas rúas das súas vilas e cidades: cobi-19, unha mestura do virus pandémico coa mascota dos xogos olímpicos de Barcelona. O obxectivo, como poderán comprobar os viandantes, non é outro que concienciar e -por suposto- tirar de humor.

As rechamantes pegatinas que estas semanas inundan as urbes galegas son obra do artista vigués Davida, que xa levou o seu particular ‘cobi-19’ a distintos puntos do Estado. “Ao estar entre Vigo, Badaxoz e Huelva vou deixando por onde paso”, destaca.  Davida explica que esta idea xurdiu nas longas horas do confinamento. “Cando se comezou a falar do virus e aínda non era un drama houbo moita broma co tema de cobi”, relata.

A ENFERMIDADE “SEGUE AÍ FÓRA”

Así arrincou unha iniciativa que pretende lembrar que a enfermidade “segue aí fóra”. “Sempre nos dicían que ao saír o virus estaba aí fóra pero eu nunca o vía… este é un xeito de poñerlle cara”, explica. A mestura entre patóxeno e mascota vai aderezada cunha serie de frases de ton moi distinto. Hainas dende as que incitan a manter a distancia a unha, escrita con caracteres chinos, moi desacougante. “Se traduces ves que pon: <<ides morrer todos>>”, conta cunha risa.

A idea matinada no confinamento comezou a florecer baixo unhas circunstancias que fan máis difícil espallar a iniciativa. “Aproveitas cada viaxe que fas para pegar algunha”, relata o autor. “Teño un amigo que está a facer o Camiño de Santiago e dinlle unhas poucas para que fora repartindo”, explica.

Davida recoñece que, unha vez conquistada cidade olívica, non conta cunha folla de ruta definida para a súa creación. “Iremos vendo, porque polo momento nin sequera sabemos se nos van pechar”. E remata: “hai cousas, como poñer a máscara ou gardar a distancia, que non costan nada”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...