InicioVigo e contornaVigo"Pescaturismo", cando faenar se converte nun reclamo para os visitantes

“Pescaturismo”, cando faenar se converte nun reclamo para os visitantes

Pontevedra acollerá un simposio sobre esta nova práctica os días 24 e 25 deste mes.

PUBLICADO O

O termo preciso é “pescaturismo”, pero tamén sería correcto dicir “turismo mariñeiro”. A natureza da actividade dedúcese de xeito sinxelo: un novo tipo de atración para os visitantes na que as prácticas tradicionais de faena e marisqueo se convirten nun reclamo a ver e fotografar.

Aínda que o “pescaturismo” leva xa un tempo presente tanto no conxunto do estado como nas Rías Baixas, o impacto da covid está a obrigar ós moitos traballadores deste ámbito a reformular a súa actividade. Nesta circunstancia, o turismo mariñeiro parece configurarse ccomo unha opción sólida e con oportunidades a futuro.

Así se desprende do feito de que o os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) das rías de Pontevedra, Arousa e Vigo veñan de dar un paso máis na promoción desta modalidade turística impulsando a primeira Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo. A cita terá lugar os vindeiros días 24 e 25 deste mes no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas, dispoñéndose para súa celebración o Pazo da Cultura de Pontevedra.

O recindo pontevedrés acollerá na primeira das xornadas un congreso ó que poderán asistir presencialmente ata 30 persoas, todas elas xa participantes do proxecto Mar das Illas, que conta cunha ampla serie de entidades colaboradoras. Os que queden fóra polas restricións da covid poderán asistir telematicamente tras completar este formulario de inscrición. Unha vez inscritas, recibirán un correo electrónico coa ligazón para acceder ao webinar.

VISITA ÁS ILLAS ATLÁNTICAS

O obxectivo da xornada, explican dende a organización, pasa por “ofrecer unha visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo a nivel estatal e europeo, achegando exemplos de proxectos que se están a desenvolver”. Á parte, tamén se pretende “poñer de relevo o traballo realizado ao longo de todo o proxecto, visibilizando o camiño percorrido para que sirva de exemplo a outros territorios”.

Máis alá do simposio, o 25 de setembro terá lugar unha visita guiada ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Nela participarán a trintena de persoas que acudiron presencialmente ao congreso do día 24.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...