Unha colisión entre sete vehículos na AP-9, preto de Peinador, deixa catro feridos

Non hai feridos graves.

Ambulancia / © Miguel Núñez.

Unha colisión múltiple ocorrida na mañá deste martes entre sete vehículos na AP-9, preto do aeroporto de Vigo, saldouse cun total de catro feridos de diversa consideración.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron nesta vía en sentido A Coruña sobre as 11,30 horas, cando os coches circulaban pola Autoestrada do Atlántico ao paso pola parroquia viguesa de Carral. Aínda que nun principio o choque produciuse entre tres turismos, seguidamente uníronse outro catro por alcance.

Foron varios os condutores que contactaron coa central de emerxencias para solicitar asistencia médica para os posibles feridos. En total, indican fontes da Garda Civil, catro persoas resultaron feridas pero de carácter leve.

No entanto, os efectivos de Urxencias Sanitarias-061 desprazados ata o punto atenderon aos afectados e trasladáronos ao Sanatorio Concheiro, en Vigo. Tamén acudiron ao lugar do sinistro a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil da cidade.

O choque, os labores de atención aos afectados e a posterior limpeza da vía provocaron retencións na AP-9, que quedou liberada pasadas as 13,00 horas, segundo aseguran fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).