InicioSociedadeAs asociacións veciñais de Teis e Chapela solicitan a Fomento a supresión...

As asociacións veciñais de Teis e Chapela solicitan a Fomento a supresión da peaxe Rande-Vigo

PUBLICADO O

A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela presentou un escrito conxunto no rexistro do edificio da Xunta en Vigo,dirixido ao José Luis Ábalos Meco, novo Ministro de Fomento, solicitando a supresión da peaxe Rande-Vigo pendente de concreción dunha data, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo e medidas contra a contaminación acústica.

“Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos que o Ministerio, concrete unha data para a supresión da peaxe, logo de case seis meses de anunciar a supresión da mesma”, denuncian.

Rande Aria de vigo
Ponte dende a estrada redondelana/ Miguel Nuñez

O pasado 23 de xaneiro, o Ministerio de Fomento aceptaba a reivindicación de liberar a peaxe Rande-Vigo. No pasado mes de marzo, informaban que estaban negociando con Audasa unha posíbel contrapartida, en relación á supresión da peaxe Rande-Vigo.

“A eliminación da peaxe debe incluír a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo medidas contra a contaminación acústicaAdemais esiximos que o Ministerio de Fomento, a aprobación definitiva do Plan de Acción contra o Ruído 2º fase”, selaron.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...