InicioSucesosTres turistas portugueses, expulsados das Cíes por non levar máscaras e desobecer...

Tres turistas portugueses, expulsados das Cíes por non levar máscaras e desobecer as normas do espazo natural

"Achábanse baixo os efectos do alcol", segundo a Policía.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e expulsaron das illas Cíes a tres mozos turistas de nacionalidade portuguesa, de entre 26 e 32 anos de idade, por non respectar as normas dese espazo natural e por non levar posta a máscara.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá deste domingo, cando unha patrulla do 092 estaba a realizar labores de vixilancia e prevención no peirao de Rodas e un grupo de mozos “especialmente alborotadores” chamou a súa atención.

Os mozos estaban de pé na terraza dun restaurante e sen levar máscara a maioría deles. Ademais, algún estaba a fumar e non gardaba a distancia de 2 metros con respecto ao resto de persoas que estaban na terraza.

Os axentes advertíronlles de que tiñan que porse a máscara e, se querían fumar, debían facelo nunha zona apartada pola que non pasase ninguén. Os mozos finalmente accederon, aínda que con algunha reticencia porque, segundo indicou a Policía, “achábanse baixo os efectos do alcol”.

Dúas horas despois, a patrulla da Policía Local observou a tres mozos sen camiseta nin máscara camiñando por no medio dunhas rochas, preto do mar e nunha zona pola que non se permite pasear debido a que é perigosa.

Tras realizar varias advertencias e facer soar o seu chifre regulamentario sen que os mozos fixesen caso, os axentes tiveron que ir buscalos, saltando entre as rochas. Cando chegaron ao seu carón, comprobaron que se trataban dos mesmos mozos aos que amoestaran na terraza do restaurante.

Os mozos alegaron que se afastaron do paseo habilitado para facerse fotos, pero os axentes, dada a súa conduta irresponsable e de “menosprezo á saúde pública” decidiron instarlles a abandonar as illas. Así, aínda que tiñan billete para regresar ás 20,00 horas, escoltóuselles a recoller os seus aveños e documentación, para tomar o barco de regreso ás 13,30 horas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...