InicioSociedadeAs Anpas volven denunciar o "abandono" da Xunta ás familias e mantén...

As Anpas volven denunciar o “abandono” da Xunta ás familias e mantén o ‘plante’ dos comedores

O presidente de FOANPAS, Miguel Álvarez, trasladou a posición destas asociacións, aprobada por unanimidade nunha asemblea nas últimas horas, e despois de que a Consellería de Educación non fixese "nada" con respecto ás súas demandas.

PUBLICADO O

A Federación Olívica de Anpas (FOANPAS) denunciou este mércores novamente o “abandono” da Xunta ás familias e ratificouse na súa ‘plante’ da xestión dos servizos complementarios, como comedores escolares, aula de madrugadores e actividades extraescolares.

Nunha rolda de prensa, o presidente de FOANPAS, Miguel Álvarez, trasladou a posición destas asociacións, aprobada por unanimidade nunha asemblea nas últimas horas, e despois de que a Consellería de Educación non fixese “nada” con respecto ás súas demandas.

Así, a Federación lembrou que, entre as súas peticións, están a contratación de profesores para poder baixar o cociente de alumnos e garantir a súa seguridade sanitaria, e a supervisión por parte de inspectores de Educación e Sanidade dos protocolos que se van a aplicar en comedores e actividades extraescolares xestionadas polas Anpas.

“A responsabilidade do que suceda debe ser da Xunta, de ningunha maneira das Anpas”, indicou Miguel Álvarez, quen lembrou que as asociacións que representan ás familias e as directivas dos colexios poden “colaborar” na adaptación e aplicación dos protocolos, pero non asumir enteiramente a responsabilidade sobre a eficacia dos mesmos.

FOANPAS insistiu en que a ausencia destes servizos complementarios supón un “problema” para as familias, do que responsabilizaron á administración, e lembraron que, só en Vigo, hai 2.500 nenos que acoden a comedores xestionados por Anpas, ademais doutros miles de ususarios de actividades extraescolares e aulas de madrugadores.

BNG

Por outra banda, os membros de FOANPAS realizaron estas declaracións tras manter un encontro coa deputada do BNG, Alexandra Fernández, e co concelleiro nacionalista de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, que lles trasladaron o seu “total apoio” nas súas demandas.

Alexandra Fernández reclamou ao goberno da Xunta que abra unha vía de interlocución coa comunidade educativa, o mesmo que fixeron desde o BNG, “sentar e falar coas Anpas, que debe ser algo revolucionario e estraño”, segundo ironizou.

A deputada remarcou que a administración debe garantir o inicio do curso “nas mellores condicións de seguridade” pero, “sobre todo, dotar de máis persoal e máis medios aos centros”

Pola súa banda, o concelleiro Xabier Pérez Igrexas comprometeuse a reclamar unha convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal, ante a “grave irresponsabilidade” do goberno galego, co fin de articular unha resposta “conxunta, unitaria e en clave de cidade” nunha situación que “está a pór ao límite” ás familias.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...