InicioPolíticaO goberno de Vigo segue "estudando" a situación da concesión da auga,...

O goberno de Vigo segue “estudando” a situación da concesión da auga, que acaba a finais de ano

PUBLICADO O

O goberno municipal de Vigo segue “estudando” a situación da concesión do servizo de abastecemento e saneamento de auga, que actualmente está prorrogado e cuxo prazo se extingue a finais deste ano.

Nunha rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas, o alcalde, Abel Caballero, afirmou que o goberno local está “a estudar” que fará respecto diso desa concesión, aínda que non aclarou se sairá novamente a concurso ou se haberá unha nova prórroga, como xa se fixo co servizo de bus urbano, que xestiona Vitrasa.

“Hai unhas novas circunstancias, un momento novo, estamos nunha pandemia e hai necesidades de auga novas. Estamos a estudar o que faremos. Non descarto nada”, resolveu o rexedor.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...