InicioVigo e contornaVigoO SERGAS insiste en que a paciente do Cunqueiro era asintomática, a...

O SERGAS insiste en que a paciente do Cunqueiro era asintomática, a pesar de que a familia di que non

PUBLICADO O

Un total de 27 profesionais sanitarios, entre enfermeiras, técnicas auxiliares e celadoras, do Servizo de Neurocirurxía do Álvaro Cunqueiro foron postas en corentena tras detectarse un positivo nunha paciente que ía ser operada dunha cadeira.

O SERGAS insistiu en asegurar que o caso positivo por COVID19 da paciente de 77 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro non presentaba síntomas.

Nun comunicado, o servizo de saúde galego indicou que o pasado 25 de xullo esta muller foi atendida no Punto de Atención Continuada (PAC) debido a unha caída “sen que se reflectisen síntomas respiratorios nin doutro tipo máis que a dor indicada“.

Pero o que pasou antes, entra en contradición coa versión facilitada pola propia familia. O SERGAS asegura que “a muller acudiu a Urxencias debido á dor derivada do accidente, sen que o informe da asistencia a esta persoa e a nota do seu ingreso en Traumatoloxía reflectiran outro tipo de síntomas” Pero a familia nega que a paciente acudira a urxencias, e indican que foi trasladada en ambulancia. “Llamamos desde su casa, le contamos que se econtraba peor y que tenía mucho dolor. Nos preguntaron si tenía algún síntoma de coronavirus y le dijimos que había tenido unas décimas de fiebre y diarrea, entre otros síntomas…y por ese motivo nos mandaron una ambulancia a casa con dos personas vestidas con trajes EPI” asegura un dos familiares da paciente.

Este dato é para os familiares a clave que indica que inicialmente sí se tiveron en conta os síntomas por posible covid no traslado, pero non entenden o motivo polo que unha vez chegou ao hospital foi trasladada a planta como paciente normal sin que lle tiveran feito ningunha proba PCR.

A muller estivo unha semana ingresada na unidade de neurociruxía ante a falta de camas na unidade de traumatoloxía, agardando pola operación e en contacto co persoal sanitario, celadores, e mesmo con visitas dos propios familiares.

Pola súa banda o SERGAS resaltou que esta muller presentaba “síntomas de baixa intensidade”, sen dor adicional ao da caída, nin febre ou outros signos que puidesen alarmar aos sanitarios. “En todo momento a paciente estivo afebril, con saturación normal, sen dificultade respiratoria e con auscultación pulmonar normal”, detallou.

Ademais, recalcan que a paciente non declarou síntomas da vía respiratoria e que estes “tampouco se observaron polos equipos sanitarios que a atenderon” desde o pasado 25 de xullo.

Do mesmo xeito, o SERGAS asegura que a presenza de signos de baixa intensidade asócianse a “un síntoma recorrente na paciente” e que “aparece de xeito evidente inespecífico“. Aseguran que a PCR realizóuselle como parte do protocolo preoperatorio do servizo de Traumatoloxía pero non previo ao seu ingreso en planta.

O SERGAS sae ao paso das críticas sinalando que realizan entre 20 e 50 PCR diarias no servizo de Urxencias, así como nas unidades de hospitalización, e insistiu en que se somete aos pacientes a estas probas “ante a máis mínima sospeita” de contaxio. Tamén valorou o traballo dos sanitarios e o seu “bo criterio” no manexo de posibles casos de COVID-19.

Tras confirmarse que esta paciente “se contaxiou”, suspendeuse a operación por prevención e procedeuse ao illamento de 27 profesionais que puideran ter contacto coa mesma, oito enfermeiras, once técnicas auxiliares de Enfermaría e oito celadores da planta de Neurocirugía. – sinala no seu comunicado o servizo de saúde galego.

O que non aclara de momento o SERGAS é o motivo polo que esta paciente foi trasladada en ambulancia e tratada como posible infectada por coronavirus logo de que a familia advertise de síntomas leves.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...