SERGAS non aplicou protocolo COVID á paciente do Cunqueiro que sí presentaba síntomas

Os familiares denuncian a neglixencia cometida por poñer en risco a familiares e profesionais sanitarios a pesar de que a paciente sí presentaba síntomas por COVID

Urxencias do Cunqueiro / © Miguel Núñez.

27 traballadores sanitarios de Neurocirurxía do Cunqueiro atópanse en corentena por contacto cunha paciente positivo en Covid19 ingresada en planta.

Fontes do SERGAS defendían esta mañá que facían probas PCR a todos os pacientes que acoden a realizar operacións, momento no que detectaron este positivo e activaron o protocolo COVID.

Pero esta paciente xa levaba unha semán ingresada, sendo trasladada en ambulancia como posible positivo COVID xa que presentaba sintomatoloxía compatible como febre e diarrea.

Esta redacción contactou con un familiar da paciente, indignados pola información trasladada polo SERGAS, e molestos por poñer en risco a tanta xente (familiares, profesionais sanitarios, celadores, …) A realidade dos feitos, aseguran, dista moito da versión facilitada polo SERGAS.

O pasado 20 de xullo unha muller de 77 anos veciña da área de Vigo presentabase por Urxencias no Cunqueiro por unha posible fractura logo de sufrir unha caída. Logo das probras radiolóxicas a muller foi dada de alta sen que a súa situación revestise gravidade.

Cinco días máis tarde, o estado de saúde desta muller empeoraba e apenas podía moverse e sufría de moita dor. Foi nese momento cando logo de chamar a emerxencias, preguntáronlle se presentaba algún síntoma compatible con coronavirus. Os familiares indicaron que tiña unhas décimas de febre e tiña diarrea, así como outros síntomas máis que coincidían coa sintomatoloxía por infección por coronavirus.

Nese momento o servizo de ambulancias acudiu ao domicilio desta paciente equipados con EPIs e activando o protocolo COVID no seu traslado. Xa no hospital as probas diagnósticas deron cao fractura que non atoparan inicialmente, polo que a muller quedou hospitalizada nese momento e pendiente de ser operada.

Por motivos que a familia asegura descoñecer, a paciente foi ingresada sin realizarlle proba PCR nin de anticorpos. decidieron ingresarla en una habitación normal y no en el apartado COVID sin realizarse ningún PCR.

O motivo de que esta paciente acabase na planta de neurociruxía onde provocou o illamento do persoal desta unidade foi pola falta de camas na unidade de traumatoloxía.

Durante esa semán que estivo ingresada en planta á espera da proba PCR antes da operación, a paciente non levou mascarilla e non se lle aplicou ningún protocolo COVID.

“Una semana ha estado en una planta sin protección para el COVID y poniendo en riesgo de esta manera a enfermeros, médicos y celadores que cambiaron de turno cada ocho horas; así mismo a todos los familiares que hemos estado allí así como al resto de enfermos de la planta , es decir que han puesto en riesgo a mas de 100 personas” asegura este familiar.

A muller atópase ben, aseguran os familiares “Está ingresada ahora en unha planta COVID, y los médicos aseguran que probablemente ya haya pasado la enfermedad

“Desde aquí quiero denunciar las diferentes negligencias que hemos vivido y ademas corregir la información que se está dando sobre lo sucedido” nos han puesto en riesgo a todos, familia y sanitarios.

1 COMENTARIO

  1. Nin siquera unha cadeira rota é diagnósticada correctamente no SERGAS ?
    Logo te meten en Neuroloxía por falta de CAMAS (como tódolos veráns) ?
    E de paso levamos unha infección por COVID de REGALO !

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here