InicioSociedadeCríticas a Caballero pola construción dunha estatua relixiosa "de 6 metros de...

Críticas a Caballero pola construción dunha estatua relixiosa “de 6 metros de alto” á entrada de Vigo

A asociación Galicia Laica califica de "abuso" antidemocrático unha obra proxectada coa Deputación provincial.

PUBLICADO O

Novo enfrontamento a razón das “inclinacións relixiosas” das administracións públicas. O último conflito en ser resaltado pola plataforma Galicia Laica ten Vigo como escenario e, máis concretamente, o Monte da Guía, onde segundo o colectivo o Concello vigués tería proxectado -xunto coa deputación de Pontevedra- unha estatua relixiosa “de 6 metros de alto e 7 toneladas de peso”.

O monolito, que iría parar ó cumio do monte, “símbolo e porta de entrada á Ría e á cidade de Vigo”, foi recibido pola asociación como un síntoma da “inclinación innegable das institución públicas españolas e galegas hacia a Relixión Católica, en detrimento por tanto, de outras formas de vivir ou non a espiritualidade humana”.

Ante esta circunstancia, a plataforma laica considera estar diante dun “abuso” institucional en favor do catolicismo que, defenden, contravén o artigo 16 de Constitución, que declara que “ningunha relixión terá carácter estatal”, así como “o principio de democracia que plantexa a neutralidade relixiosa das institucións estatais como única posición verdadeiramente útil para a convivencia harmónica das diferencias opcións persoais”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...