InicioVigo e contornaVigoA Xunta mantén, logo de catro meses, o cese da xefa de...

A Xunta mantén, logo de catro meses, o cese da xefa de cirurxía por usar máscara na consulta

Feijóo defendeu o cese desta profesional por "cuestionar ou criticar as medidas establecidas pola xerencia do hospital."

PUBLICADO O

En marzo de 2020 a Xefa de Ciruxía Plástica e Reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro, Eva Maquieira, solitou reitaradamente ao xerente do EOXI de Vigo, Julio García Comeseña, o uso de máscaras na súa consulta no momento máis álxido da pandemia.

Personalmente, he sido criticada y reprendida por mis mandos superiores por utilizar mascarilla quirurgica desde hace una semana en mi actividad clínica diaria en el hospital , sobre todo en curas y consulta donde es fisicamente imposible mantener la tan pregonada distancia de 1 metro… Me han tachado de irresponsable por ir generando alarmismo en la poblacion” aseguraba Maquieira nunha publicación nas redes sociais.

Pese ao rexeitamento da dirección para non usar máscaras na consulta, esta profesional e o seu equipo acordaron pola súa conta protexerse e protexer aos seus pacientes usando as máscaras como medida protección. A pesar de tomar esta decisión, días depois unha compañeira dese grupo daba positivo por COVID e con ela quedaban illados e en corentena todos os compañeiros do servizo ata coñecer os resultados das probas analíticas.

Esta decisión desta ciruxán supúxolle o cese como xefa do servicio de Ciruxía Plástica e Reparadora, a rebaixa de categoría así como a redución de soldo e un escarnio público que mesmo foi defendido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo por “cuestionar ou criticar as medidas establecidas pola xerencia do hospital”.

Nalquel momento o SERGAS apuntou a unha “falta de confianza” pero Maquieira puntualizaba a “falta de confianza” que motivara o seu cese, “por alentar al resto del personal a desobederce al aconsejar el uso de mascarillas a mis compañeros y al resto del personal de planta, porque no sabíamos usarla y que si la toqueteábamos nos podíamos contagiar” a pesar de que alguns destes profesional levan 25 anos usando a máscara a diario, pero principalmente “por generar alarmismo a la población” detalla Maquieira.

Os cambios de criterios da Xunta

Dende o 21 de marzo a Xunta mudou o seu protocolo sobre o uso de máscaras ata tres veces.

O 12 de abril de 2020 o SERGAS recomendaba o seu uso ao persoal sanitario,

O 28 de xuño a Xunta extendía a obrigatoriedade para toda a poboación cando non se poidese garantir a distancia mínima de seguridade.

O 17 de xullo a obrigatoriedade do uso da máscara para a poboación extendíase xa a calquera situación, incluso nos paseos na praia, e a xerencia do EOXI de Vigo aceptaba por primeira vez a doación de máscaras, ainda que fosen de tea.

A xunta non rectifica

O 24 de xullo, o presidente da Xunta en funcións facía entrega da Medalla de Galicia 2020 a todo o colectivo de sanitrios de Galicia. No seu discurso Feijóo cargou contra as “condutas imprudentes” por incrementar os riscos e esquecer ás vitimas da pandemia.

“O noso país xuntouse máis para ser máis forte diante dun desafío descoñecido que ameazaba e ameaza a saúde e o benestar. Por iso as condutas imprudentes, amén de incrementar os riscos, significan esquecer as 619 persoas que se levou esta pandemia e que sempre teremos presentes. A elas e ás súas familias que non puideron despedilos como merecían.
Igualmente, as condutas imprudentes supoñen un menosprezo aos que tanto fixeron e fan por nós, e que hoxe reciben a Medalla de Galicia.”

A pesar desta mensaxe institucional, o SERGAS non restableceu a categoría desta profesional sanitaria que a ollos da opinión pública actuou de xeito “prudente” para defender a súa propia saúde, a do seu entorno familiar, a do seu equipo de traballo e a propia saúde dos pacientes da súa consulta. O seu caso segue pendente do pronunciamento da xustiza.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...