InicioSociedade6 meses de prisión para a muller que trouxo ó seu fillo...

6 meses de prisión para a muller que trouxo ó seu fillo de 8 anos dende Londres sen avisar ao pai

A muller, para a que a Fiscalía pedía 3 anos de cárcere, negouse a devolver o fillo "en numerosas ocasións", segundo o Ministerio Público.

PUBLICADO O

Unha muller, L.R.G., que se instalou co seu fillo menor de idade no partido xudicial de Vigo en 2017 sen informar previamente o pai deste, co que vivía en Londres, aceptou unha pena de seis meses de prisión por un delito de desobediencia á autoridade.

O xuízo estaba sinalado para este venres no Xulgado do Penal número 1 de Vigo, pero o alcance dun acordo de conformidade entre as partes evitou a súa celebración.

Deste xeito, a pena de cárcere permanecerá suspendida durante un período de dous anos condicionado a que esta muller non cometa outro acto delituoso, así como a que non se alteren os termos da custodia do menor establecidos xudicialmente polas autoridades de Reino Unido e España.

En concreto, os feitos tiveron lugar o 25 de febreiro de 2017, cando esta nai, que residía en Londres desde 2014 xunto ao seu marido e o fillo de ambos, abandonou a cidade xunto ao menor, que tiña oito anos. Así, esta muller instalouse co neno no partido xudicial de Vigo sen informar previamente ao seu pai, quen interpuxo unha demanda civil de subtracción internacional de menores.

Posteriormente, o Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra declarou ilícto o traslado e a retención do neno o 27 de novembro de 2017, ademais de ordenar que o menor volvese co seu pai. Así mesmo, a sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a sentenza en xaneiro de 2018.

No seu escrito de acusación, a Fiscalía sostivo que, a pesar de ter coñecemento das resolucións xudiciais que lle ordenaban entregar ao menor ao seu pai, esta nai “negouse a facelo en reiteradas ocasións”. Finalmente, permitiu que o neno volvese co seu proxenitor o 20 de agosto de 2018 no marco do procedemento de subtracción de menores iniciado.

Por estes motivos, o Ministerio Público demandou unha pena de tres anos e nove meses de prisión e a inhabilitación especial para exercer o dereito de patria potestade durante cinco anos para a acusada por un delito de subtracción internacional de menores.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...