InicioSociedadeSegunda sentenza contra o decreto do Concello de Vigo que obrigaba ós...

Segunda sentenza contra o decreto do Concello de Vigo que obrigaba ós bombeiros a facer gardas “inhumanas”

CIG e CUT anuncian que presentarán unha querela criminal contra o consistorio por "presunta prevaricación".

PUBLICADO O

O Concello de Vigo xa non poderá impoñer gardas extraordinarios ó seu corpo de bombeiros. O TSXG vén de ratificar o que xa apuntara o Xulgado número 1 do Contencioso Administrativo da cidade olívica ao declarar “nulo de pleno dereito” a normativa da Concellería de Seguridade.

Así o apunta nunha nota remitida a GC o comité de folga CIG-CUT, que celebran a sentenza como a fin dunha situación que sometía ó cadro de persoal a un “enforzo inhumano”. “Levamos máis dun ano e medio nunha situación que anulou dereitos fundamentais e que supón un grave risco para a saúde dos traballadores”, sinalan.

QUERELA CRIMINAL

O comité, que esixirá ao consistorio a execución “provisional” da sentenza, xa anunciou que presentará unha querela criminal contra o Concello por “presunto delito de prevaricación” ao entender que as medidas se mantiveron “a sabendas” do perxuízo para a saúde á que aluden. Neste aspecto, os representantes sindicais apuntan directamente á Concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, e o Xefe do Servizo de Bombeiros

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...