InicioSociedadeSuspendida a procesión do Cristo da Vitoria de Vigo por primeira vez...

Suspendida a procesión do Cristo da Vitoria de Vigo por primeira vez na súa historia

"Este ano non se celebrará a procesión, dada a situación de pandemia e o risco de concentración de persoas", sinalou Abel Caballero.

PUBLICADO O

A Procesión do Cristo da Vitoria, unha manifestación relixiosa con máis de dous séculos de tradición, non percorrerá este ano as rúas de Vigo, tal e como confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, tras reunirse con responsables da Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria.

Así, por primeira vez na súa historia, este desfile relixioso, no que participan decenas de miles de fieis da área viguesa e doutros lugares, non sairá (celébrase o primeiro domingo de agosto) para percorrer, desde a Concatedral de Santa María, as rúas do Casco Vello e do centro da cidade.

“Este ano non se celebrará a procesión, dada a situación de pandemia e o risco de concentración de persoas”, sinalou o rexedor, que matizou que, no entanto, si se dará lectura ao pregón, no Pazo de Castrelos, e coas medidas de seguridade oportunas.

Caballero expresou o seu respaldo á decisión da Confraría e ofreceu a colaboración do Concello para ocupar o atrio da Concatedral con cadeiras e instalar unha pantalla, de modo que se poida ampliar o aforamento dos oficios relixiosos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...