InicioEconomíaXunta e Porto de Vigo urxen a saída sur ferroviaria: "Estamos en...

Xunta e Porto de Vigo urxen a saída sur ferroviaria: “Estamos en tempo de desconto”

Ethel Vázquez lamenta que se mantén o "bloqueo" á construción dos accesos á estación do AVE viguesa.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia e o Porto de Vigo anunciaron este mércores o envío do informe sobre a saída sur ferroviaria da cidade olívica e a conexión por tren da terminal portuaria de Bouzas ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ao que instaron a impulsar esta infraestrutura, que permitirá aumentar o tráfico portuario nun 6 %.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo este mércores con representantes portuarios, encabezados polo presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, tras o que volveu urxir a construción desa saída sur, con cargo a fondos da UE (Mecanismo Conectar Europa). “Estamos en tempo de desconto”, advertiu.

Ethel Vázquez insistiu novamente na importancia de que o porto conte con esa infraestrutura e coa conexión ferroviaria na terminal de Bouzas, e recalcou que o custo das actuacións, case 500 millóns de euros, está “xustificado” polo “enorme rendemento” que terá.

Na mesma liña, o presidente da Autoridade Portuaria olívica, Enrique López Veiga, sinalou que o Porto de Vigo leva anos demandando esa actuación e que, de feito, en maio de 2019 houbo unha reunión con Adif na que o administrador ferroviario “dixo que ía facer o estudo informativo”. “Pero o estudo non está feito”, constatou.

Segundo afirmou, o Porto “pode ir tirando uns anos máis”, pero o transporte marítimo “necesita un compoñente grande de intermodalidade”. “Xa non hai escusas (…), non se pode perder máis tempo. Galicia non pode esperar máis, e Vigo moito menos”, aseverou López Veiga.

ACCESOS Á ESTACIÓN DE URZÁIZ

Por outra banda, e a preguntas dos medios, a conselleira referiuse á construción dos accesos á nova estación do AVE en Urzáiz, e sinalou que, a pesar das manifestacións da presidenta de Adif ou do alcalde de Vigo, aínda non se aprobou a ‘addenda’ ao convenio para esa actuación.

“Cada vez estamos máis preocupados pola prolongación deste bloqueo indefinido, levamos desde marzo esperando a firma da ‘addenda’, e non chega”, lamentou Ethel Vázquez, quen insistiu en que esta circunstancia entorpece as obras da terminal de buses que executa a Xunta e atrasará a posta en marcha do Centro Vialia.

Así mesmo, a responsable de Infraestruturas e Mobilidade do goberno galego recalcou que a Xunta tampouco ten “información certeira” sobre a chegada do AVE, que leva un “atraso acumulado”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...