Caballero chama a unha “gran mobilización” cultural este verán

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP asegura que os concellos son "grandes sostenedores da cultura".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, nunha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello olívico.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, chamou este luns a realizar este verán unha “gran mobilización” con teatros, concertos e espectáculos na rúa para axudar ao mundo da cultura a superar a crise económica derivada da pandemia pola Covid-19.

O alcalde de Vigo fixo este chamamento tras manter un encontro con medio centenar de representantes da mesa das Artes Escénicas e da Cultura de toda España, a quen trasladou a súa aposta por “reactivar as festas, a mobilización cultural e a acción cultural” porque “non se pode permitir que este sexa un ano perdido para o mundo da cultura”.

Neste sentido, lembrou que os concellos son “grandes sostenedores da cultura” e reiterou o compromiso de continuar con esta función “reconvertendo festas pensadas hai un ano noutras de forma distinta, sen aglomeracións”.

Segundo destacou, isto farase convertendo “as rúas das cidades en grandes escenarios de teatro” ou facendo “multitude de escenarios ao longo e ancho dos municipios para facer moitos concertos máis pequenos onde se respecte sempre o aforamento”.

Nesta liña, avogou por “pospoñer” como opción preferible á que “cancelar un espectáculo”. E, se é posible, antes de cancelar, estudar outras posibilidades, outras formas, como substituír os grandes concertos por outros de menor envergadura”, indicou

Caballero sinalou que a FEMP está aberta a ideas e propostas e, a estes efectos, anunciou unha próxima reunión con este colectivo dentro de 15 días para comprobar como evolucionan as contratacións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here