InicioSucesosDetido un home de 66 anos por abusos aos fillos e unha...

Detido un home de 66 anos por abusos aos fillos e unha neta

O home resgardábase na privacidade que lle ofrecía o seu domicilio para abusar dos menores e, posteriormente, asegurábase de que as vítimas non dixesen nada a ninguén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home de 66 anos de idade, como presunto autor, ao longo dos últimos anos, de varios delitos de abusos sexuais a menores, entre eles, a súa filla, o seu fillastro e a súa neta.

Segundo confirmaron fontes policiais, as investigacións iniciáronse despois de que unha persoa da contorna do sospeitoso denunciou os feitos e comunicou que a filla do home, residente en Estados Unidos, quería contactar coa Policía Nacional para declarar polos abusos.

A Policía contactou coa embaixada de España en Washington para que localizase á muller, que declarou que o seu pai sometera á súa filla, menor de idade, a diversos tocamentos de índole sexual cando ambas residían en Vigo, en 2014. Segundo o seu relato, o sospeitoso aproveitaba os fins de semana nos que coidaba da nena para cometer eses abusos, os mesmos que cometera con ela mesmos anos atrás.

Os axentes, que bautizaron as pescudas como ‘Operación Washington’, contactaron co fillastro do detido quen, á súa vez, confirmou que tamén fora vítima de abusos por parte do home, e que nunca llo contou á súa nai por temor.

OUTRAS VÍTIMAS

Ao avanzar nas investigacións policiais, apareceron outras vítimas de abusos cometidos en anos previos. Unha delas, que tamén era menor de idade no momento dos feitos, declarou que este home, que vivía preto do seu domicilio, tentara convencela de que lle ensinase certas partes do seu corpo, a cambio de chocolatinas e agasallos.

A Policía constatou, así mesmo, que este individuo xa fora denunciado en 2014 por unha moza que, sinalou, tamén sufrira tocamentos unha vez que a fixo subir á súa casa, aproveitando a relación de confianza que mantiña cos seus pais.

ABUSOS NO SEU DOMICILIO

Segundo informou a Policía, todos os episodios de abusos producíanse en casa do sospeitoso, que se aproveitaba da relación de parentesco ou confianza coas vítimas e as súas familias para cometer os delitos.

O home resgardábase na privacidade que lle ofrecía o seu domicilio para abusar dos menores e, posteriormente, asegurábase de que as vítimas non dixesen nada a ninguén.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...