InicioVigo e contornaAcusan ó Concello de impulsar o PXOM na corentena para non ter...

Acusan ó Concello de impulsar o PXOM na corentena para non ter en conta ás asociacións veciñais

Afean que o borrador fora publicado en pleno estado de alarma, cando os colectivos veciñais non tiñan capacidade para reunirse.

PUBLICADO O

Malestar entre as asociacións de veciños de Vigo por un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desenvolto “ás costas dos movemento veciñal” e “con nocturnidade”. A Federación de Asociacións de Veciños ‘Eduardo Chao’ (FAVEC), que representa un total de 32 plataformas da cidade, denuncia que o borrador do plan foi publicado “en plena corentena”, cando, debido ó estado de alarma, os colectivos veciñais non tiñan capacidade para reunirse e estudalo. Dende a federación lamentan que o consistorio de Abel Caballero nin sequera “informara” ós colectivos: “é coma se non existísemos”, apuntan.

Ante esta situación, o secretario da FAVEC, Óscar Álvarez, anunciou que desenvolverán unha rolda de encontros coas asociacións veciñais da cidade para explicar e debater un borrador que xerou “todas as dúbidas” nos colectivos veciñais. As charlas, que contarán con asesores urbanísticos e xurídicos, comezarán o 2 de xullo na AA.VV. de Freixeiro. A elas foron convidados todos os grupos políticos da cidadade, entre os cales tan só confirmaron asistencia Alfonso Marnotes (PP) e Rubén Pérez (Marea de Vigo).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...