InicioSociedadeUn investigador da UVigo avoga por impulsar a rastrexabilidade de alimentos e...

Un investigador da UVigo avoga por impulsar a rastrexabilidade de alimentos e medicinas

A Rastrexabilidade Difusa permite pescudar que lle puido ocorrer aos alimentos nos que se rexistraron as bacterias mediante un algoritmo que calcula os escenarios máis probables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O investigador da Universidade de Vigo (UVigo) Mateo Ramos avogou por impulsar a rastrexabilidade de produtos alimentarios e sanitarios que poidan resultar perigosos no marco da súa tese de doutoramento.

Segundo precisou nun comunicado a universidade, a proposta contempla unha aposta pola Rastrexabilidade Difusa ou Fuzzy Traceability, que permite coñecer por onde circulou un produto e os axentes que puideron actuar sobre del.

En concreto, a aplicación de técnicas de rastrexabilidade pode resultar importante para garantir a seguridade de medicamentos ou produtos alimentarios. Neste sentido, a combinación de algoritmos matemáticos e técnicas de intelixencia artificial pode pemitir predicir situacións futuras, estudar o ciclo de vida dun produto e alertar sobre situacións de risco.

O investigador lembrou que, en ocasións, se atopan listeria e escherichia coli en alimentos. Ante esta situación, remarcou que a Rastrexabilidade Difusa permite pescudar que lle puido ocorrer aos alimentos nos que se rexistraron as bacterias mediante un algoritmo que calcula os escenarios posibles e mostra o máis probable.

Nesta liña, na tese apóstase polo desenvolvemento de mecanismos que permitan abordar as casuísticas e problemáticas identificadas de acordo coa información dispoñible e os formatos nos que se presenta. A ese respecto, Ramos indicou que se busca que estes mecanismos suplan “as carencias xeradas polos déficits de información presentes nos contextos analizados”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...