InicioEconomíaGalicia e Portugal estarán mellor conectados grazas a unha renovación "integral" das...

Galicia e Portugal estarán mellor conectados grazas a unha renovación “integral” das vías férreas á altura de Redondela

Os proxecto inclúe un by-pass que permitirá avanzar "directamente" ós convois, sen inverter a marcha.

PUBLICADO O

Adif Alta Velocidade licitou a redacción do proxecto de renovación integral do tramo Redondela-Bifurcación Arcade, situado na liña que vencella Redondela Santiago de Compostela, por importe de 807.967,43 euros.

A actuación inclúe a mellora da infraestrutura da vía e o deseño dun by-pass que permitirá acelerar a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal. Segundo explica o Adif, esta estrutura “permitirá a circulación directa entre Portugal e o Eixo Atlántico (Pontevedra-Santiago-A Coruña) sen necesidade de inversión de marcha en Redondela”, unha facilidade que repercutirá nun “aforro de tempo” e unha diminución dos custos de explotación, subliñou o administrador.

Dende Adif destacan que o proxecto tamén permitirá unha conexión directa dentro da rede Eixo A Coruña-Vigo (onde se atopan tamén as conexións aos portos de Vilagarcía de Arousa e Marín) co Eixo Vigo-Leon sen a necesidade de realizar manobras cos trens directos de mercadorías.

“O obxectivo final destas actuacións é modernizar e aumentar a capacidade e fiabilidade da rede ferroviaria para incrementar os tráficos tanto de pasaxeiros como de mercadorías, mellorando a calidade do servizo”, apuntan dende o administrador.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...