InicioEconomíaAs aeroliñas que operan en Peinador cargan contra AENA: "Non podemos cumprir...

As aeroliñas que operan en Peinador cargan contra AENA: “Non podemos cumprir cos pasaxeiros”

A Asociación de Compañías Españolas de Transporte Aéreo (ACETA) e a Asociación de Liñas Aéreas (ALA) emitiron un comunicado no que lamentan que as obras do ILS do aeroporto vigués de Peinador están a ocasionar problemas que lles impiden operar as súas programacións con normalidade e "cumprir os compromisos" cos seus pasaxeiros.

PUBLICADO O

A Asociación de Compañías Españolas de Transporte Aéreo (ACETA) e a Asociación de Liñas Aéreas (ALA) emitiron un comunicado no que lamentan que as obras do ILS do aeroporto vigués de Peinador están a ocasionar problemas que lles impiden operar as súas programacións con normalidade e “cumprir os compromisos” cos seus pasaxeiros.

As aeroliñas denunciaron o “gran número de incidentes” que están “a soportar” desde que AENA desconectou o pasado 7 de maio ese sistema de axuda á navegación para substituílo por outro (máis dun centenar de voos desviados ou cancelados, e miles de viaxeiros afectados).

A pesar de que recoñecen o “esforzo” de AENA por axilizar os traballos e ter o cambio terminado uns días antes do previsto, as compañías quixeron puntualizar que o funcionamento das instalacións aeroportuarias e as obras que se realizan “dependen directa e exclusivamente de AENA”, polo que a xestión “non só está fóra do control das aerolíneas, senón que, ademais, afecta de cheo ás obrigacións das compañías aéreas”, que se ven “impedidas” para cumprir as súas previsións.

“A pesar de ser causas externas á nosa xestión, tentamos paliar en todo o posible os inconvenientes que sofren os nosos clientes, pero debemos insistir en que non temos ningunha capacidade de xestión nas incidencias que se producen no aeroporto de Vigo“, remarcaron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...