InicioSucesosA explosión da batería dun patinete eléctrico causa danos na cristaleira dun...

A explosión da batería dun patinete eléctrico causa danos na cristaleira dun comercio de Vigo

PUBLICADO O

A explosión da batería dun patinete eléctrico, que estaba no interior dun comercio de Vigo, causou danos nunha cristaleira do establecemento, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

Así o trasladou a Policía Local de Vigo, que informou de que o incidente ocorreu na mañá deste martes, nunha tenda da rúa Martín Echegaray, na que se venden precisamente patinetes e bicicletas. Unha dotación do 092 acudiu ao establecemento despois de que unha testemuña informase de que as cristaleiras exteriores estaban bombeadas cara ao exterior e fracturadas.

Os policías solicitaron a presenza de efectivos de bombeiros, para valorar se o escaparate tiña risco de desprenderse. Unha vez descartado o perigo, os axentes inspeccionaron a zona e comprobaron que, no interior do comercio, había un patinete preto do escaparate que estaba calcinado.

Os propietarios do negocio se personaron no lugar e mostraron aos axentes imaxes das cámaras de seguridade. Nelas apréciase como, sobre as 4,30 horas da madrugada, escoitouse un golpe seco e, pouco despois, o patín estaba a arder, aínda que a colocación da cámara non permitía ver como se fracturou o cristal.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...