InicioEconomíaO BNG de Vigo pide "axudas de verdade" para empresas e autónomos

O BNG de Vigo pide “axudas de verdade” para empresas e autónomos

O concelleiro nacionalista advertiu da "situación de emerxencia" na que se atopan 25.000 vigueses desempregados.

PUBLICADO O

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas tachou de “insuficientes” as medidas de apoio a pemes e autónomos do goberno local e urxiu unha estratexia local de promoción económica e do emprego para “blindar o pequeno comercio”, “fortalecer a base produtiva da cidade” e permitir crear e manter empregos na cidade.

Deste xeito, o portavoz do BNG en Vigo reprobou que o Concello “non estea á altura de demandas e necesidades que trasladan desde hai moitas semanas os diferentes axentes económicos da cidade” e destacou que municipios de menor tamaño, como Lugo, adoptaron medidas directas de apoio ao seu tecido comercial e produtivo.

Neste sentido, o edil nacionalista lamentou que “a única medida adoptada” polo goberno local consistise na posta en marcha dunha oficina de asesoramento para empresas.

“As únicas empresas que van recibir axuda do Concello, por importe de 300 mil euros, son as da UTE contratada por (o alcalde, Abel) Caballero para xestionar unha oficina de asesoramento a pequenas empresas e emprendedores”, criticou Igrexas. Así, incidiu en que estes últimos precisan “axuda de verdade” e non só “asesoramento burocrático”.

Nesta liña, afeou ao goberno local que non atendese as propostas trasladadas pola súa formación, entre as que se incluían unha axuda directa de 1.500 euros a comercios, pemes e autónomos, a creación dunha liña de microcréditos municipais para o comercio e máis bonificacións e adiamentos na fiscalidade.

Ademais, o concelleiro nacionalista advertiu da “situación de emerxencia” na que se atopan 25.000 vigueses desempregados, así como miles de persoas afectadas por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...