InicioMedio Ambiente e PatrimonioComeza a segunda parte do proxecto para potenciar a biodiversidade en infraestruturas...

Comeza a segunda parte do proxecto para potenciar a biodiversidade en infraestruturas portuarias

A primeira fase, xa concluída, consistiu no establecemento de estruturas submarinas ás que se poden adherir algas e que exercen como lugar de cría de especies no pantalán de Prácticos da dársena da Laxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo iniciou a segunda fase do proxecto de potenciación da biodiversidade en infraestruturas portuarias e de diminución do impacto ambiental Peiraos do Solpor, que conta cun orzamento de 3,1 millóns de euros dos que se espera conseguir financiamento europeo para 2,5.

Segundo detallou a Autoridade Portuaria, a segunda fase levará a cabo fronte ao edificio de Portocultura da dársena da Laxe, onde se instalará un observatorio submarino, deseñado e construído polo estaleiro vigués de Cardama, para observar paneis verticalesdestinados á colonización de fauna e flora. Tamén se colocarán cinco arrecifes artificiais que deseñará a empresa Econcrete, coordinadora de Peiraos do Solpor.

Así mesmo, instalaranse catro pantaláns flotantes e dúas pasarelas de acceso. Deste xeito, realizarase un deseño a medida co obxectivo de optimizar o ecosistema e a súa relación coas infraestruturas portuarias.

A primeira fase, xa concluída, consistiu no establecemento de estruturas submarinas ás que se poden adherir algas e que exercen como lugar de cría de especies no pantalán de Prácticos da dársena da Laxe. O crecemento da zona foi monitorado pola Universidade de Vigo (UVigo).

Posteriormente, a última fase do proxecto desenvolverase na zona da terminal ro-ro de Bouzas e consistirá na instalación de 50 arrecifes e 50 piscinas artificiais, así como dun paseo. Estas estruturas foron deseñadas por Econcrete co obxectivo de facilitar a colonización da fauna mariña.

Adicionalmente, a Universidade Técnica de Dinamarca asumiu o seguimento e a análise dos resultados ecolóxicos obtidos a partir de Peiraos do Solpor.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...