InicioSociedadeAnulan a multa da Xunta ao Concello de Vigo polo control de...

Anulan a multa da Xunta ao Concello de Vigo polo control de fornecemento durante a seca de 2017

O tribunal sinalou que o Concello non eludiu a súa responsabilidade de controlar á concesionaria, e estimou o seu recurso, declarando contraria a dereito a resolución sancionadora e declarándoa nula.

PUBLICADO O

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo estimou o recurso interposto polo Concello olívico e declarou nula a sanción que lle impuxo a Xunta por unha infracción grave, relacionada co control sobre a concesionaria de abastecemento de auga durante o período de seca de 2017.

A autoridade sanitaria autonómica impuxo unha sanción de 10.500 euros ao Concello de Vigo por considerar que non atendera á súa obrigación de reverter a situación de incumprimentos que se estaban detectando nas análises de auga por parte da concesionaria.

Con todo, o xulgado estimou que si se tomaron medidas con motivo da seca, facendo un maior seguimento e mantendo contacto continuado coa empresa concesionaria. Segundo recolle a sentenza, tamén se fixeron análises periódicas e adoptáronse medidas cando se detectaron problemas de turbidez na auga, expuxéronse posibles solucións para garantir o abastecemento, como o transvasamento do Verdugo, e establecéronse restricións en baldeos e outras actividades para garantir a subministración para o consumo.

Por todo iso, o tribunal sinalou que o Concello non eludiu a súa responsabilidade de controlar á concesionaria, e estimou o seu recurso, declarando contraria a dereito a resolución sancionadora e declarándoa nula.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou esta resolución juidicial nunha rolda de prensa na que celebrou que “o xulgado dá a razón” ao Concello e constatou que a sanción imposta en 2017 foi unha multa “política” propiciada polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

“Esta era a política de Feijóo nun momento tan grave. Foi difamando a Vigo polas televisións de toda España, dicindo que a auga non era de calidade. É un presidente indigno que propicia sancións políticas. Aínda lembro a dor que me producía velo na televisión dicindo que a auga de Vigo non cumpría os requisitos”, proclamou Caballero.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...