InicioEconomíaCaballero pide que Goberno, "cos concellos á beira", xestione o ingreso mínimo

Caballero pide que Goberno, “cos concellos á beira”, xestione o ingreso mínimo

Preocúpalle que sexa a Xunta a que se encargue desa axuda en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, apostou este martes porque sexa o propio Goberno central, “cos concellos á beira”, o que xestione o ingreso mínimo vital, sen “chanzos intermedios”.

Así o trasladou a preguntas dos medios nunha rolda de prensa na que proclamou que “é bo que o xestione quen o paga”, xunto con aquelas administracións máis próximas aos cidadáns, que son os concellos.

Abel Caballero subliñou que a aprobación dese ingreso mínimo vital “é unha decisión histórica no país“, que “varre a pobreza extrema”, e púxoa á altura doutras decisións de calado social adoptadas por gobernos socialistas, e que teñen que ver coas pensións, a sanidade pública ou a dependencia.

Con todo, recoñeceu que lle “preocupa” que, en Galicia, sexa a Xunta a que xestione esa axuda. “Preocúpame que a Xunta reclame unha competencia que non é súa e que non financia, e acabará facendo que a tramiten os concellos, que acabaremos pagando unha parte do proceso”, sinalou o rexedor olívico.

Segundo Caballero, o ingreso mínimo vital “teno que xestionar o Goberno, calquera que sexa a súa cor política, cos concellos á beira”. “Esa é a forma máis directa, non perdamos isto en chanzos intermedios por poder político. Feijóo non quere mellor funcionamento, quere poder político, e aos feitos me remito: o diñeiro para políticas sociais pola pandemia non se repartiu entre os concellos de Galicia”, sentenciou.

A ese respecto, insistiu en que “calquera intermediación” na xestión do ingreso mínimo vital “será mala para os cidadáns que o reciben”. “Estamos ante unha batalla política dalgunhas comunidades autonómas, que están a pensar máis no poder político que nas necesidades da xente”, resolveu.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...