InicioSucesosMorre un motorista en Vigo tras chocar cun coche

Morre un motorista en Vigo tras chocar cun coche

Un motorista faleceu na mañá deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar o seu vehículo cun coche na rúa Pi e Margall na cidade de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista faleceu na mañá deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar o seu vehículo cun coche na rúa Pi e Margall na cidade de Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo coñecemento do sinistro ás 8,30 horas deste mércores a través da chamada de varios veciños que alertaban dun motorista tendido da vía despois de chocar cun turismo.

O sinistro mortal produciuse na confluencia de Pi e Margall coa rúa Chile, até onde se desprazou persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puido facer por salvar a vida do motorista.

Pola súa banda, o 112 Galicia informou, ademais, á Policía Local e aos bombeiros da cidade, que descartaron intervir en canto confirmaron que a vítima estaba liberada e accesible.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...