InicioSociedadeA área de Vigo é a única que incrementa os seus casos...

A área de Vigo é a única que incrementa os seus casos de Covid-19

A Consellería informa de 269 casos activos, tres máis ca na xornada anterior.

PUBLICADO O

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu a 749, o que supón 23 menos que este venres, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.936, o que implica 40 máis que a xornada pasada.

Así o constatan os datos actualizados este sábado pola Cosellería de Sanidade, que indica que deses casos activos, 269 corresponden á área sanitaria de Vigo, onde se rexistran tres novos casos respecto da xornada anterior.

Segundo os datos actualizados este sábado, en Galicia hai 9.936 pacientes curados, fronte aos 9.896 contabilizados este xoves. E as vítimas mortais soben a 616 tras o falecemento doutra muller de 82 anos nas últimas horas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...