InicioEconomíaUnha empresa galega presenta un sistema para desinfectar roupa en menos dun...

Unha empresa galega presenta un sistema para desinfectar roupa en menos dun minuto

Trátase dunha cabina con luz ultravioleta que pode utilizarse en comercios ou adaptarse a restauración ou clínicas.

PUBLICADO O

A empresa galega GTG Enxeñeiros, especializada en Seguridade Industrial, presentou este mércores unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar pezas de roupa en menos dun minuto, un sistema deseñado para desinfectar roupa en establecementos comerciais.

Esta cabina, que foi presentada no Círculo de Empresarios de Galicia, con sede en Vigo, permite que estes negocios dean “tranquilidade” aos seus clientes, á hora de probar a roupa e os complementos.

As cabinas, sinalou GTG Enxeñeiros, poden fabricarse a medida segundo as necesidades das instalacións onde se vaian situar, e utilizan un proceso libre de sustancias químicas, que non é corrosivo nin dana a roupa. Ademais, contan con sistemas de seguridade para evitar a presenza de persoas no seu interior mentres están a funcionar.

O conselleiro delegado de GTG, Pedro García-Trejo, explicou que as pezas “se desinfectan practicamente ao momento”, permitindo ao comercio poñelas a disposición dos seus clientes, sen ter que retiralas para que pasen unha corentena.

Ademais destas cabinas, a empresa deseñou o ‘UV Box’, unha especie de caixón esterilizador, que tamén utiliza a luz ultravioleta para desinfectar elementos máis pequenos, como accesorios ou complementos de moda. Ademais, tamén se pode adaptar para o seu uso en restauración ou clínicas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...