InicioSucesosDetido tras causar molestias nun local e tentar agredir a un...

Detido tras causar molestias nun local e tentar agredir a un axente

Os policías tentaron acougar a este home, pero el incrementou o seu nivel de agresividade e tentou abalanzarse sobre un deles para agredilo.

PUBLICADO O

Un home de 39 anos nado e domiciliado en Vigo, J.B.G., foi detido tras causar molestias nun local da cidade e tentar agredir a un axente que tentou acougalo dada a agresividade que mostraba mentres se atopaba en estado ebrio.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar sobre as 20,24 horas deste luns, cando se recibiu aviso de que un cliente que se atopaba ebrio comezara a causar molestias nunha cafetaría da rúa Emilia Pardo Bazán. Ademais, aínda que se rexeitou servirlle máis consumicións dado o seu estado, este home negouse a abandonar o local.

Tras desprazarse ao lugar, os axentes dirixíronse cara a este home e pedíronlle que se identificase, aínda que este negouse a achegar a súa documentación e comezou a ameazalos.

Os policías tentaron acougar a este home, pero el incrementou o seu nivel de agresividade e tentou abalanzarse sobre un deles para agredilo. Por este motivo, foi detido pola comisión dun suposto delito de atentado e posto a disposición xudicial.

TRÁFICO DE DROGAS

Un home de 47 anos domiciliado en Vigo que portaba unha gran cantidade de haxix e diñeiro en efectivo foi detido cando se dispuña a realizar varias vendas de drogas na cidade olívica.

Fontes policiais detallaron que a investigación, enmarcada no Plan Especial de Loita Contra o Tráfico Medio de Drogas da Comisaría de Vigo-Redondela, iniciouse a finais do mes de abril, despois de terse coñecemento dun posible punto de venda de drogas situado na zona da Dobrada.

Deste xeito, comprobouse que a presenza de toxicómanos na zona era constante, así como que estes esperaban en puntos determinados das rúas Doutor Carracido e Xílgaro e os seus adxacentes por un home co que realizaban un intercambio rápido tras o que abandonaban o lugar. Ademais, observouse que o home tomaba medidas de seguridade cando contactaba cos seus clientes.

Por este motivo, estableceuse un dispositivo policial con axentes situados nas inmediacións que, este mércores de madrugada, observaron a este home cando se dispuña a realizar varias vendas. Así, abordárono e realizáronlle un cacheo preventivo mediante o que lle interviñeron unha gran cantidade de haxix e diñeiro en efectivo, ademais de varias papelinas.

Posteriormente, este home foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que contaba con oito antecedentes policiais e tomóuselle declaración. Finalmente, todo o actuado pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...