InicioEconomíaO DOG publica a resolución que aproba definitivamente a ampliación do Parque...

O DOG publica a resolución que aproba definitivamente a ampliación do Parque Tecnolóxico de Vigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución pola que se aproba definitivamente o proxecto sectorial para ampliar o Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Vigo, o que permitirá aumentar este espazo en máis de 250.000 metros cadrados, cunha edificabilidade máxima de 164.000 metros cadrados.

PUBLICADO O

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución pola que se aproba definitivamente o proxecto sectorial para ampliar o Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Vigo, o que permitirá aumentar este espazo en máis de 250.000 metros cadrados, cunha edificabilidade máxima de 164.000 metros cadrados.

O proxecto sectorial, presentado pola Zona Franca de Vigo e aprobado polo Consello da Xunta o pasado 17 de abril, implicou a necesidade de modificar previamente o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia. Con este paso previo, modificouse a configuración do PTL (que inicialmente estaba prevista en tres espazos descontinuos) para que formase un único espazo e mellorar o resultado da ampliación.

Segundo detallou a Xunta, a actuación “incrementará a concentración dunha serie de empresas de diversos sectores produtivos que contribuirán ao desenvolvemento económico e social” de Galicia e da área de Vigo.

Nese sentido, apuntou que a zona de influencia da intervención “excede os límites municipais”, o que se traduce na existencia “dun interese público xeneral”, que motivou precisamente a súa inclusión no Plan Sectoral de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

A zona que se vai a ampliar sitúase entre as parroquias viguesas de Beade e Valadares, a uns 10 quilómetros do aeroporto de Peinador, a uns 8 quilómetros do Porto de Vigo e a 26 quilómetros da fronteira con Portugal.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...