Ferido un home ao caer mentres traballaba na súa vivenda en Salceda de Caselas

O 112 mobilizou ao momento un equipo a bordo dun helicóptero medicalizado.

Urxencias do Cunqueiro © Miguel Nuñez

Un home resultou ferido de consideración despois de caer este mércores mentres realizaba uns traballos na vivenda na que reside situada na parroquia de Mariña, no concello de Salceda de Caselas.

Segundo informou o 112, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia dos feitos as 12,30 horas deste mércores, a través dunha persoa particular que chamou para solicitar asistencia sanitaria para o home. Ademais, indicou que se precipitou desde unha altura.

Por iso, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta a profesionais sanitarios quen, debido á gravidade das lesións, mobilizaron ao momento un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Os axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade tamén se desprazaron ata o lugar despois de ser alertados polo 112 Galicia.