InicioPolíticaAbel Caballero considera que celebrar eleccións representa "o que menos necesita" a...

Abel Caballero considera que celebrar eleccións representa “o que menos necesita” a cidadanía

"Neste momento o que menos está na miña cabeza son as eleccións", remarcou o alcalde vigués á vez que acusou á Xunta de abandonar " a acción social nesta urbe".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, constatou que a celebración das eleccións galegas, que terán lugar o próximo 12 de xullo, representa “seguramente o que menos necesitan” a economía da cidade olívica e a “saúde da xente”.

Preguntado tras unha rolda de prensa celebrada de modo telemático, o rexedor da maior urbe galega volveu a insistir en que a súa “cabeza” se centrará no proceso de desescalada establecido “con bo criterio e con bo xuízo” e na reconstrución económica.

“Eu voume a dedicar ao que importa, a saúde da xente e a reconstrución da economía de Vigo”, afirmou. Así, asegurou que investirá “24 horas” diarias en atender as necesidades da cidade. “Neste momento o que menos está na miña cabeza (…) son as eleccións”, remarcou á vez que acusou á Xunta de abandonar ” a acción social nesta urbe”.

Neste sentido, lembrou que nas últimas semanas mantivo encontros con representantes dos distintos sectores económicos da cidade e sinalou que se manterá a celebración destas sesións. Precisamente, Abel Caballero avanzou que nos próximos días reunirase cos representantes do Consorcio da Zona Franca e a Deputación de Pontevedra para establecer un plan de acción económica conxunto.

Así mesmo, tras volver lamentar que a Xunta non establecese unha canle de comunicación co goberno local “para coñecer a situación da cidade”, o alcalde insistiu en que non verteu críticas políticas contra o Executivo autonómico dada a crise sanitaria actual. Con todo, advertiu de que a celebración unhas eleccións leva a rotura do “clima de unidade” xerado no marco da pandemia por parte de “quen as convoca”, en alusión ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...