InicioSucesosInterceptado no Porriño un condutor sen carné que alegou "non ter tempo"...

Interceptado no Porriño un condutor sen carné que alegou “non ter tempo” para recuperalo

Ao ser sorprendido de novo ao volante, o home alegou que estaba a realizar un desprazamento por motivos laborais, e que "non tivera tempo de sacar de novo o carné".

PUBLICADO O

Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil interceptaron a un veciño de Ponteareas (Pontevedra) que circulaba no seu vehículo por unha saída da A-52, á altura da parroquia porriñesa de Cans, e que carece de permiso de conducir por telo suspendido tras perder todos os puntos.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron na noite do pasado luns, cando o condutor, de 51 anos de idade, circulaba no seu vehículo todoterreo e foi interceptado nun control.

Ao identificalo, os axentes comprobaron que xa fora denunciado en marzo pasado por conducir co permiso suspendido (por perda total de puntos) e que non realizara o curso de reeducación viario para recuperar o carné.

Ao ser sorprendido de novo ao volante, o home alegou que estaba a realizar un desprazamento por motivos laborais, e que “non tivera tempo de sacar de novo o carné”. Por todo iso, os axentes inmobilizaron o vehículo e trasladaron as dilixencias de denuncia ao xulgado de garda do Porriño.

A Benemérita lembrou que este condutor se enfronta a penas de prisión de entre 3 e 6 meses, a multa de 12 a 24 meses, ou a realización de traballos en beneficio da comunidade, por un período de entre 31 e 90 días.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...