O incendio dunha vivenda sáldase cunha persoa ferida

O afectado chamou a emerxencias para avisar de que se orixinou un incendio nunha tixola, que tratara de apagar, sufrindo queimaduras.

Camión de bombeiros / galiciaartabra.com

Unha persoa tivo que ser trasladada este sábado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir queimaduras por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10,30 horas, cando o afectado chamou a emerxencias para avisar de que se orixinou un incendio nunha tixola, que tratara de apagar, sufrindo queimaduras.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vigo e axentes da Policía Local, que comprobaron que as chamas xa se extinguiron. Un equipo sanitario do 061 trasladou ao ferido ata o hospital.